Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40482

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela onde se situará o CEIP Novo Mesoiro, A Coruña (expediente 631/2017/45).

En cumprimento do disposto no artigo 82.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o artigo 199.2, do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da lei anterior, infórmase que o Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 28 de xullo de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado “Estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela onde se situará o CEIP Novo Mesoiro, A Coruña. Decembro 2016”, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento co selo de aprobación definitiva.

Terceiro. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia; artigos 199 e 212 do Decreto 143/2016, Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior; e na Orde do 10 de marzo de 2017, pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición de datos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, na procura da entrada en vigor do documento aprobado.

Cuarto. Notificar este acordo ás áreas de infraestruturas e urbanismo, Servizos de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Edificación, Servizos Xerais de Urbanismo e Oficina do SIX municipais.

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 29.7 do Real decreto 297/2013, do 26 de abril, sobre servidumes aeronáuticas, achegar unha copia do documento aprobado definitivamente, xunto coa certificación do acto de aprobación, á Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Fomento».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado poderase consultar no enderezo electrónico www.coruna.gal/urbanismo, na parte «planeamiento/planeamiento vigente», ou ben, desde a mesma web, a través do «Visor Estado Desarrollo PGOM 2013».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñeer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 4 de agosto de 2017

O alcalde
P.D .(Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda