Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo da Administración xeral incluída na oferta de emprego público 2016.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 121, do 28 de xuño de 2017, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

– Grupo C, subgrupo C1; escala: Administración xeral; subescala: administrativa; denominación: administrativo da Administración xeral; número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 18 de xullo de 2017

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde