Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 40041

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións no ámbito de Forxa.

Mediante o Acordo do Pleno, do 7 de xullo de 2017, en sesión ordinaria, aprobouse definitivamente, por maioría absoluta, o Plan especial de infraestruturas e dotacións no ámbito de Forxa, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. O acordo literal adoptado é o seguinte:

«Aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións no ámbito de Forxa.

Dáse lectura á proposta da Alcaldía para adoptar o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións no ámbito de Forxa, coas modificacións resultantes das alegacións formuladas e dos informes emitidos.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 92.2 da Lei 9/2002). Esta publicación deberase realizar no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro do Plan Urbanístico de Galicia, e achegar un exemplar en soporte dixital debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro».

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Porqueira, 13 de xullo de 2017

Blasinda Salgado Rivera
Alcaldesa en funcións