Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 40036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de licitación do servizo de xestión da escola de música.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cuntis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención da documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Domicilio: praza Constitución, nº 4.

iii. Localidade: Cuntis, 36670.

iv. Teléfono: 986 54 80 05.

v. Fax: 986 53 39 95.

vi. Correo electrónico: contratación@concellodecuntis.es

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: /www.contratosdegalicia.gal

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de xestión da escola de música.

c) Lugar de execución: concello de Cuntis.

d) Prazo de execución: dous (2) anos, prorrogable por un ano adicional, ata un máximo de dous anos.

e) Código CPV principal: 92000000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Criterios avaliables mediante un xuízo de valor ata un máximo de 28 puntos.

Presentarase o proxecto educativo que deberá definir, de acordo coas exixencias do prego de prescricións técnicas, a proposta técnica que propón o licitador para realizar cada unha das prestacións que integran o obxecto do contrato.

Desta memoria valorarase:

– A capacidade organizativa (4 puntos).

– Os obxectivos perseguidos (4 puntos).

– O calendario proposto (horarios, distribución das clases, das actividades) (4 puntos).

– Plan de estudos (4 puntos).

– Propostas para captar alumnado fomentando o coñecemento e a apreciación da música e iniciando o alumnado desde os primeiros anos na aprendizaxe (4 puntos).

– Metodoloxía teórico-práctica que se vai empregar (valoraranse os medios empregados para orientar cara a un ensino de carácter profesional, cando a vocación e as aptitudes dos/das nenos/as así o aconsellen) (4 puntos).

– Fomento do interese pola participación en agrupacións vocais ou instrumentais (4 puntos).

2º. Criterios avaliables matematicamente, ata un máximo de 62 puntos.

a. O prezo ofertado valorarase cunha puntuación máxima de 24 puntos (a oferta máxima é de 40.000 euros).

P= 24 × S¹/Sί

Onde P= puntuación; S¹= oferta máis baixa; Sί= oferta para valorar.

b. Valoración de actividades complementarias. Máximo 14 puntos.

– Polo compromiso de organización de dous intercambios con outras escolas de música (4 puntos).

– Polo compromiso de organización de, como mínimo, dous concertos didácticos e unha charla musical ou un obradoiro musical, co obxectivo de que o alumnado poida participar en actuacións públicas e para a captación de novo alumnado (4 puntos).

– Polo compromiso de continuación da Banda Xuvenil Municipal de Música (non oficial) de Cuntis: 6 puntos.

c. Formación instrumental. Máximo 24 puntos.

Por incremento da formación instrumental individual que se impartiría a todo o alumnado da escola, quedaría a puntuación da seguinte forma:

1) Por media hora individual de formación instrumental á semana nos niveis básico, intermedio e avanzado: 6 puntos.

2) Por tres cuartos de hora individual de formación instrumental á semana nos niveis básico, intermedio e avanzado: 12 puntos.

3) Por unha hora individual de formación instrumental á semana nos niveis básico, intermedio e avanzado: 24 puntos.

Só se poderá elixir unha destas opcións.

4. Compromiso de adscrición (artigo 64.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

Os licitadores deberanse comprometer a dedicar ou adscribir á execución do contrato os seguintes medios persoais: sete profesores ou profesoras; deste persoal, un/unha asumirá as funcións de dirección e outro/a as de xefatura de estudos (estes medios extráense do recollido no prego de prescricións), e os seguintes medios materiais: vento madeira, con oito (8) instrumentos mínimo; vento metal, con cinco (5) instrumentos mínimo; percusión clásica e moderna, con seis (6) instrumentos mínimo. Estes compromisos terán a condición de obriga esencial para os efectos previstos no artigo 223.f) do TRLCSP. A acreditación destes medios realizarase unha vez que o licitador sexa proposto pola mesa de contratación para a adxudicación.

5. Valor estimado do contrato: 160.000 euros (excluído o IVE).

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica:

Volume anual de negocios por importe igual ou superior ao exixido no convite a participar no procedemento, equivalente a un ano, e nos pregos do contrato, acreditado mediante a achega do resumo da declaración do IVE presentada en Facenda (modelo 390), correspondente ao último exercicio presentado. Cando o licitador sexa unha entidade que non estea obrigada a realizar declaración de IVE, esa porcentaxe deberase acreditar nas contas anuais da entidade dos tres últimos exercicios, aprobadas polo órgano competente e inscritas, de ser o caso, no rexistro público correspondente.

b) Solvencia técnica:

a. Solvencia técnica: unha relación dos principais servizos ou traballos realizados no últimos cinco anos que inclúa o importe, datas e o seu destinatario, público ou privado. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; de ser o caso, estes certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

Entenderase acreditada a solvencia coa presentación dun certificado de boa execución dun servizo similar ao do obxecto deste contrato, de entre os que figuren na relación presentada.

b. Indicación do persoal técnico ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente aqueles encargados do control de calidade.

Entenderase acreditada a solvencia técnica mediante a presentación dunha declaración xurada do responsable legal da empresa, con expresión da titulación académica e profesional do persoal responsable da prestación do servizo obxecto do contrato (a titulación mínima exixida é o grao profesional de Música ou titulación equivalente para as especialidades en que exista unha titulación específica).

c. Declaración do material e do equipo técnico de que dispoña o licitador para a realización dos servizos e do título xurídico que habilita para o seu uso (propiedade, arrendamento…). Será necesario contar, como mínimo, co material necesario para impartir as clases de vento madeira, con 8 instrumentos mínimo; vento metal, con 5 instrumentos mínimo; percusión clásica e moderna, con 6 instrumentos mínimo.

c) Habilitación profesional e empresarial. Para a execución deste contrato non é preciso contar con habilitación profesional e empresarial específica.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da data da última publicación nun dos boletíns oficiais recollidos no prego (DOG ou BOP).

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación dos anuncios nos boletíns oficiais.

Cuntis, 10 de agosto de 2017

Manuel Campos Velay
Alcalde