Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39955

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (158/2013).

Eu, Julio Manuel González Muñoz, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, dou fe e testemuño que nos autos de procedemento ordinario 158/2013 consta sentenza número 40/14 de data 13.3.2014 cuxo fallo, literalmente, se transcribe a continuación:

«Decido.

Que estimando a demanda interposta pola demandante, Pavestone Unipessoal, Lda., con procurador Sr. Martínez Melón, fronte a Construcciones y Pavimentación Rual, S.L., en situación de rebeldía procesual. Debo condenar e condeno, a demandada a pagar á demandante a cantidade de catorce mil setecentos sesenta e oito euros con oitenta e un céntimos (14.768,81 €), máis os xuros previstos no artigo 7 da Lei 3/2004 pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que comezará a percibir a partir dos trinta días seguintes á entrega da mercadoría correspondente a cada unha das facturas, e que se calculará sobre o importe de cada unha delas desde esa data (artigo 4.1 da Lei 3/2004).

Con expresa imposición á demandada das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O recurso de apelación interpoñerase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, estendéndose o presente edicto.

Cambados, 22 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza