Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2017028AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de xullo de 2017, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2017028AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Bernardo Paredes Fraiz.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 de dita lei, notifícaselle a Bernardo Paredes Fraiz o contido da citada proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 89.2 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 8 de agosto de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 33/2014, do 18.3.2014)
Beatriz Roca Castro
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº expediente: 2017028AL-LU.

Interesado: Bernardo Paredes Fraiz.

DNI: 33543117D.

Último enderezo coñecido: rúa Lamas de Prado, 89, baixo, 27004 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3 e 6.2; e puntos 1, 2 e 5 do capítulo I, e punto 1.a) do capítulo VII do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 2.1 e 5.2 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (BOE núm. 57, do 8 de marzo).

Tipificación: dúas infraccións graves, tipificadas no artigo 51.2 parágrafos 2º e 12º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: dez mil dous euros (10.002,00 €), a razón de cinco mil un euros (5.001,00 €) por cada unha das infraccións.