Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais (expediente 9/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver a campaña publicitaria de cara a previr, sensibilizar e concienciar os galegos e as galegas das consecuencias que derivan dos incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=111036

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 56, do 21 de marzo de 2017.

e) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 371.900,82 €; IVE (21 %): 78.099,17 € Importe total: 450.000,00 €.

Valor estimado: 371.900,82 €.

5. Financiamento: fondos propios da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 2 de xuño de 2017.

b) Adxudicataria: C Grupo de Empresas de Comunicación, Marketing e Investigación, S.A.

c) Importe: 443.161,77 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumpre con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural