Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de xullo de 2017 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente DH.P36.13088 e catro mais).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse, ás persoas definidas no anexo, as resolucións ditadas nos expedientes DH.P36.13088 e catro máis, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.P36.13088

FCC Construcción, S.A.

R/ Ensino, 16, Agro de Quintáns

36619 Vilagarcía de Arousa

16.11.2016

Arquivamento

DH.W36.53649

María del Mar Fernández Moreira

Fontiña, 7

36393 Baiona

26.10.2016

Favorable

DH.B36.49645

Rodrigo Vázquez Rodríguez

Estrada O Viso-Vilanova, 2 D

36940 Cangas

7.10.2016

Favorable

DH.W15.17351

SAM-K, S.L.

Muíño Vello, parcela 1-B, Pravío

15568 Cambre

22.9.2016

Desfavorable

DH.P36.46830

Rover Alcisa, S.A.

R/ Villafranca, 54 A-1º B

36158 Pontevedra

29.3.2017

Favorable