Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de xullo de 2017 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente DH.W15.54425 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas definidas no anexo, as resolucións ditadas nos expedientes DH.W15.54425 e cinco máis, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.54425

Luis González Seoane

R/ Berlín, 4-6º C

15707 Santiago de Compostela

8.6.2017

Arquivamento

DH.W36.48477

Nicolás Rodríguez Martín

R/ Urzaiz, 59-3º B

36201 Vigo

23.2.2017

Arquivamento

DH.W27.53159

Lidia Hurtado Oldrige

Avda. dos Maios, 23-entresollado

15007 A Coruña

20.12.2016

Favorable

DH.B36.55008

Noemí González Baños

Caticovas, 17

36637 Meis

16.5.2017

Favorable

DH.W15.29436

Jorge Mogo Maza

R/ Santa Lucía, 75

15704 Santiago de Compostela

8.5.2017

Favorable

DH.W36.14284

Ángel Martínez Pérez

San Martiño-Arcos da Condesa

36655 Caldas de Reis

5.6.2017

Desfavorable