Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 31 de xullo de 2017 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución de solicitude de suspensión PR-1527.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de solicitude de suspensión PR-1527, quen poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga); rúa Os Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: PR-1527.

Interesada: María Natividad Corcuera Queija.

NIF: ****1023J.

Acto de notificación: resolución de solicitude de suspensión.

Último enderezo coñecido: As Vendas da Barreira, 83, 32611 Riós, Ourense.