Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e atención do posto desta consellería no certame feiral Iberflora que se celebrará en Valencia do 4 ao 6 de outubro de 2017 (expediente 22/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe, e atención dun posto da Consellería do Medio Rural na feira Iberflora, que terá lugar en Valencia do 4 ao 6 de outubro de 2017.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde a sinatura do contrato ata os cinco días seguintes ao da finalización do certame.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (criterios avaliables de forma automática e non automática).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 57.851,24 €; IVE (21 %): 12.148,76. € Importe total: 70.000,00 €.

Valor estimado: 57.851,24 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo L, subgrupo 5, categoría 1 estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nos puntos F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 00 62 e 981 54 00 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal (consultas administrativas) maria.j.gonzalez.gonzalez@xunta.gal (consultas técnicas).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=172080.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, a data e a hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os custos do anuncio no DOG serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: requírese un compromiso de adscrición de medios persoais mínimos necesarios (artigo 64.2 TRLCSP).

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural