Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de licitación da contratación, mediante procedemento aberto e regulación harmonizada, do contrato de xestión recadatoria municipal.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Outeiro de Rei.

b) Dependencia que tramita o expediente: mesa de contratación do Concello de Outeiro de Rei.

2. Obxeto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de asistencia administrativa na xestión e recadación dos ingresos de dereito público municipais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: con máis dun criterio de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe máximo estimado (euros):

O prezo de licitación dispón de dous compoñentes: un fixo e outro variable. O compoñente fixo o integra o prezo de 25.000 euros anuais máis IVE.

O compoñente variable intégrao unha porcentaxe sobor o importe efectivamente recadado, que en ningún caso poderá ser superior ao 2 %, IVE incluído.

No caso de recadación en período executivo, o prezo do contrato será equivalente ao importe da recarga de constrinximento que proceda.

Non se prevé revisión de prezos.

5. Duración do contrato: 24 meses prorrogables por 24 meses máis.

6. Obtención de documentación e información. Lugar de presentación de ofertas:

a) Entidade: Concello de Outeiro de Rei.

b) Domicilio: praza do Concello, nº 1.

c) Localidade e código postal: Outeiro de Rei 27150.

d) Teléfono: 982 39 32 81.

e) Telefax: 982 39 31 12.

f) Perfil do contratante: http://outeiroderei.sedelectronica.gal.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinte e seis días naturais contados desde a data da última das publicacións nos diarios oficiais (DOUE, BOE, DOG e BOP).

Non se admite a presentación telemática de ofertas.

b) Documentación que hai que presentar: segundo prego.

8. Clasificación exixible: non se exixe.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Outeiro de Rei.

b) Domicilio: praza do Concello, nº 1.

c) Localidad: Outeiro de Rei.

d) Data: décimo día posterior ao de finalización do prazo de presentación.

10. Portal informático ou páxina web onde se poden obter os pregos:

http://outeiroderei.sedelectronica.gal.

11. Réxime de recursos:

Contra os anuncios de licitación ou os pregos de condicións administrativas cabe interpoñer recurso especial en materia de contratación no prazo dos quince días hábiles seguintes ao de publicación ou notificación do acto, nos termos expresados no artigos 40 e seguintes do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Outeiro de Rei, 30 de xuño de 2017

José Pardo Lombao
Alcalde