Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle da parcela N4a01c do quinteiro N do SUNP-40. Parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de xuño de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela N4a01c do parque empresarial da Sionlla (SUNP-40), promovido por Terras do Sar, S.L., segundo o proxecto presentado o 14 de novembro de 2016, e coa condición de que, antes da exposición pública, se emenden as seguintes cuestións:

– No punto 2.1 da memoria substituirase a referencia ao artigo 73 da Lei 9/2002 polo 79 da Lei 2/2016, vixente desde o día 19 de marzo de 2016.

– Suprimirase a epígrafe 6 (desenvolvemento e execución do estudo de detalle).

A parcela emprázase na confluencia das rúas Andalucía e Castela e León, e no Catastro figura coa referencia 0101913NH4500A0000IH.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu Regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Con data do 29 de xuño de 2017, a promotora presentou un documento de formalización do sinalado no acordo de aprobación inicial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello:

http://transparencia.santiagodecompostela.gal/plans-urbanismo-obras-publicas/gl.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais