Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39895

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de instalación de elementos decorativos de Nadal en Vigo (expediente 4526-106).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Comercio. Nº expediente 4526-106.

2. Obxecto do contrato: descrición: a instalación, posta en funcionamento, mantemento e posterior retirada dos elementos decorativos vexetais e non vexetais con motivos do Nadal para decorar as rúas e espazos públicos en zonas comerciais da cidade de Vigo na campaña de Nadal 2017/18.

División por lotes: non.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: desde novembro de 2017 ata o 15.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 111.570,25 euros, IVE para soportar pola administración: 23.429,75 euros. Orzamento total: 135.000 euros.

5. Garantías a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar información: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importes, datas e o seu destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificiacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de agosto de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación