Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para o turismo enolóxico en Pousada-Boqueixón (expediente 2016/2887).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de xullo de 2017, acordou o seguinte:

1. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para turismo enolóxico en Boqueixón.

2. Someter a información pública este acordo, durante dous meses, mediante publicacións de anuncios no DOG e nun periódico de maior difusión na provincia.

3. Notificar, así mesmo, este acordo a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

4. Solicitar os informes sectoriais e consultas que resulten procedentes das administracións públicas competentes.

O prazo de exposición pública do expediente, iniciarase o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

Durante o devandito prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Boqueixón, 24 de xullo de 2017

Manuel Fernández Munín
Alcalde