Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (740/2014).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administracion de xustiza do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 740/2014 por instancia de Albert Gerard Falcón Hermida contra Oroespaña, S.L., e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade nos que recaeu sentenza en data 23.5.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase a demanda formulada por Albert Gerard Falcón Hermida fronte á empresa Oroespaña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Oroespaña, S.L., a aboar a Albert Gerard Falcón Hermida a cantidade de dous mil douscentos vinte euros con vinte e seis céntimos de euro (2.220,26 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así, o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Oroespaña, S.L., expido e asino esta sentenza.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

Secretario xudicial