Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39747

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se habilita unha aplicación orzamentaria e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, e se convocan para o ano 2017.

Mediante a Orde do 26 de xaneiro de 2017, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 32, do 15 de febreiro, e corrixida mediante corrección de erros o 9 de xuño (DOG núm. 109), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

No artigo 52.3 da dita orde recóllese que o financiamento das axudas previstas no programa III realizarase con cargo á aplicación 09.40.324C.481.2 cunha contía inicial de cento trinta mil euros (130.000 €) correspondentes a fondos finalistas do Estado, de acordo cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 e que no caso de resultaren beneficiarias as universidades, habilitarase a aplicación orzamentaria 09.40.324C.444.0, e no caso de resultaren beneficiarias as cámaras de comercio, habilitarase a aplicación orzamentaria 09.40.324C.445.0.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, resulta que existen cámaras de comercio entre as entidades beneficiarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas do programa III convocadas pola Orde do 26 de xaneiro de 2017, habilitando a aplicación orzamentaria 09.40.324C.445.0 e redistribuíndo o crédito do seguinte xeito, sen variar o orzamento total:

Aplicación orzamentaria

Distribución inicial

Modificacións

Distribución final

09.40.324C.481.2

130.000

-12.544

117.456

09.40.324C.445.0

0

12.544

12.544

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego