Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39615

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1627/2017).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1627/2017GA

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 105/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: María Asunción Pérez González

Avogado: Francisco José Méndez Senlle

Procurador: Ramón de Uña Piñeiro

Recorridos: Fogasa, Atlas Servicios Empresariales, S.A., Imesapi, S.A., Eulen, S.A., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Limber Multiservicios, S.L., Manpower Business Solutions, S.L.U., Concello de Vigo (Pontevedra)

Avogado/a: Fogasa, Luis Carreras García, Joaquín Fuentes Numancia, Carlos Enrique Rodríguez Martínez, Paula Núñez de la Peña, Arturo Caballero Sánchez

Procuradora: Begoña Millan Iribarren

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1627/2017 desta sala, seguido por instancia de María Asunción Pérez González contra o Fogasa, as empresas Atlas Servicios Empresariales, S.A., Imesapi, S.A., Eulen, S.A., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Limber Multiservicios, S.L., Manpower Business Solutions, S.L.U., e o Concello de Vigo (Pontevedra) sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Fallamos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da executante, contra o auto de data 22 de decembro de 2016, ditado polo Xulgado do Social número 4 de Vigo (reforzo), en autos 105/16, confirmamos o auto contra o que se recorre.

Así pola nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Limber Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza