Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39617

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (467/2016).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio no presente procedemento JVB 467/2016 seguido por instancia de Funeraria y Ambulancias Compostela fronte a herdanza xacente de Antonio Lombardía Fernández e herdeiros descoñecidos de Antonio Lombardía Fernández ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 45/2017.

Xuízo verbal nº 467/2016.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Funeraria y Ambulancias Compostela, S.L.

Avogada: Sra. González Ferro.

Procuradora: Sra. Fernández Rial.

Demandado: herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Antonia Lombardía Fernández.

Obxecto: reclamación de cantidade, gastos de enterro.

Resolución:

Estimo substancialmente a demanda presentada por Funeraria y Ambulancias Compostela, S.L. contra a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Antonia Lombardía Fernández e, en consecuencia:

1. Declaro que a entidade demandante ten dereito a cobrar a factura 38-B/2015, do 10 de xuño de 2015, por importe total, IVE incluído, de 4.426 euros en concepto de gastos xerados a raíz dos servizos funerarios prestados no enterro da Sra. Lombardía Fernández con cargo ao patrimonio hereditario desta.

2. Condeno a indicada herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos a estar e pasar por tal declaración e a realizar o pagamento da suma sinalada con cargo ao patrimonio hereditario da Sra. Lombardía Fernández. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e que non pode interpoñerse recurso de apelación ao terse ditado en xuízo verbal tramitado por razón da contía e ser esta inferior a 3.000 euros. Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza