O Concello de Mondariz solicitou, logo da tramitación do oportuno expediente ao abeiro do disposto no artigo 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, á Dirección Xeral de Administración Local a supresión dos postos reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional nos seguintes termos:
Concello: Mondariz.
Posto: secretario/a.
Subescala: secretaría.
Categoría: entrada.
Forma de provisión: concurso.
Concello: Mondariz.
Posto: interventor/a.
Subescala: intervención-tesouraría.
Categoría: entrada.
Forma de provisión: concurso.
Así como a clasificación de posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional nos seguintes termos:
Concello: Mondariz.
Posto: secretario/a-interventor/a.
Subescala: secretaría-intervención.
Forma de provisión: concurso.
O xefe do Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional, tendo en conta a normativa aplicable (Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, en virtude do mandato recollido na disposición transitoria VII da Lei 27/2013, do 27 de decembro, así como polo Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional), tras o exame do expediente emitiu o correspondente informe proposta (no cal levou a cabo a análise do réxime xurídico aplicable, competencia, requisitos para a concesión e condicións) que conta co visto e prace da subdirectora de Réxime Xurídico Local, favorable á clasificación solicitada.
Con base no informe proposta sinalado e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e artigo 1.6 da Orde do 14 maio de 2013 sobre delegación de competencias (DOG núm. 92, do 15 de maio),
RESOLVO:
Primeiro. Suprimir o posto reservado a funcionarios/as con habilitación nacional nos seguintes termos:
Concello: Mondariz.
Posto: secretario/a.
Subescala: secretaría.
Categoría: entrada.
Forma de provisión: concurso.
Segundo. Suprimir o posto reservado a funcionarios/as con habilitación nacional nos seguintes termos:
Concello: Mondariz.
Posto: interventor/a.
Subescala: intervención-tesouraría.
Categoría: entrada.
Forma de provisión: concurso.
Terceiro. Clasificar o posto reservado a funcionarios/as con habilitación nacional nos seguintes termos:
Concello: Mondariz.
Posto: secretario/a-interventor/a.
Subescala: secretaría-intervención.
Forma de provisión: concurso.
Cuarto. Publicar esta resolución no DOG, así como remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública para os efectos da súa publicación no BOE.
Quinto. A presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén potestativamente interpoñerse recurso de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017
Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local