Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39632

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (396/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 396/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra CTV, S.A., Uno TV, S.L., Fogasa, Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Televisión de Galicia, S.A., Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Video Galicia, S.A., Editorial Compostela, S.A. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 396/2015, seguidos por instancia de Carlos Jiménez Díaz, representado polo letrado Alberto Xullo Rodríguez Feixoo, contra Televisión de Galicia, S.A. (na actualidade Corporación Radio y Televisión de Galicia, S.A.), representada e asistida pola letrada Sra. Celeiro Muñoz, contra Radio-Televisión de Galicia, S.A., (na actualidade Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.) representada e asistida pola letrada Sra. Celeiro Muñoz, contra Editorial Compostela, S.A., Estudio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., CTV, S.A., Área 51 Factoría Audiovisual, S.L., Filmanova, S.L., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Bren Entertaiment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno De Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Video Galicia, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., e Dobleson, S.L., e o Fogasa, que non compareceron ao xuízo oral.

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Carlos Jiménez Díaz contra Televisión de Galicia, S.A., Radio-Televisión de Galicia, S.A., debo condenar e condeno Televisión de Galicia, S.A. a aboar ao demandante a suma de 2.739,19 euros en concepto de diferenzas salariais e complemento de capacitación e permanencia correspondentes aos meses de marzo, abril e maio de 2013, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución ata o completo pagamento.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sodinor, S.A., Bren Entertaiment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Intereuropa TV, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza