Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39631

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (49/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Rouco Ramos, rexistrado co número PO 49/2016, se acordou notificar a parte dispositiva do decreto de desistencia ditado no procedemento a Sariconstrunor, S.L., Cuadrafer, S.L. e Placasan, S.L., en ignorado paradoiro.

Decreto 418/2017.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a José Rouco Ramos da súa demanda de reclamación de cantidade contra Cuadrafer, S.L., Sariconstrunor, S.L. e Placasan, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Sariconstrunor, S.L., Cuadrafer, S.L. e Placasan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza