Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 151/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Joaquín Lago Ramos contra SS Fernández Concesionario, S.L., con citación do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza co número 309/2017 cuxo encabezamento e decisión son do tenor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 151/2015, seguidos por instancia de José Joaquín Lago Ramos, representado e asistido polo graduado social Sr. Vidal Rey, contra SS Fernández Concesionario, S.L., despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome do rei, dito a presente sentenza con base no seguinte:

Que, considerando integramente a demanda interposta por José Joaquín Lago Ramos contra SS Fernández Concesionario, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 20.778,42 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais -que comportan 8.727,222 euros- desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización -que comportan 12.051,20 euros- desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debe observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza