Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (362/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Mercedes Gil Facorro contra a Asociación Profesional de Selvicultores de España e a Asociación Profesional de Selvicultores Galicia-Silvanus, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 362/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Asociación Profesional de Selvicultores de España e a Asociación Profesional de Selvicultores Galicia-Silvanus, en paradoiro ignorado, co fin de que comparezan o día 2.10.2017, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1 do edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deben acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtense as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes á súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación á Asociación Profesional de Selvicultores de España e Asociación Profesional de Selvicultores Galicia-Silvanus, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza