Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 170/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 170/2017 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Iván Otero Ferro contra Coufe, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Iván Otero Ferro, fronte a Coufe, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 18.027,63 euros en concepto de principal (8.830,07 euros de salarios+2.407,01 euros de xuros do artigo 29.3 do ET+6.219,31 euros de indemnización+571,24 euros de xuros do artigo 1.108 do CC), máis outros 1.802,76 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que houber de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducir o pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, a prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. Non será admisible a compensación de débedas como causa de oposición á execución».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Coufe, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Iván Otero Ferro e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens e, do seu resultado, acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Coufe, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza