Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (48/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 48/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Abuín Vicente contra o Servizo Público de Emprego Estatal e Artis-Cont de Galicia, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por José Abuín Vicente contra o SPEE e a entidade Artis-Cont de Galicia, S.L., debo absolver e absolvo o indicado organismo de todos os pedimentos articulados na súa contra.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente perante este órgano xurisdicional no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa notificación».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Artis-Cont de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza