Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (146/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 146/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Penedo Albán contra José Ángel González Álvarez e Fogasa, se ditou resolución no día da data cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Sara Penedo Albán co demandado José Ángel González Álvarez e condeno o executado a aboarlle a Sara Penedo Albán a suma de 994,52 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 7.184,28 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, do que resulta un total de 8.178,8 euros.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de Reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a José Ángel González Álvarez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza