Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de paso a concesión de explotación directa, por reclasificación do recurso, da canteira Granitos del Noroeste, número 6, situada no concello de Arteixo, promovido pola sociedade Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de pase a concesión de explotación directa por reclasificación do recurso da canteira que a continuación se describe:

Solicitante: Explotación y Canteras de Moucho, S.A.

Domicilio social: estrada A Coruña-Carballo, km 4,5, 15140 Arteixo, A Coruña.

Nome: Granitos del Noroeste.

Número: 7149.

Situación: Arteixo.

Cuadrículas mineiras: 4 (catro).

Recurso: granito para area.

A designación do terreo en coordenadas xeográficas é a seguinte:

Vértice

ED 50

ETRS 89

Lonxitude (W)

Latitude (N)

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

8º 27’ 40’’

43º 20’ 00’’

8º 27’ 45,52’’

43º 19’ 55,9’’

2

8º 27’ 00’’

43º 20’ 00’’

8º 27’ 05,52’’

43º 19’ 55,9’’

3

8º 27’ 00’’

43º 19’ 20’’

8º 27’ 05,52’’

43º 19’ 15,9’’

4

8º 27’ 40’’

43º 19’ 20’’

8º 27’ 45,52’’

43º 19’ 15,9’’

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas

E formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, con enderezo no Edificio Administrativo Monelos, s/n, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º planta 15071 A Coruña, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 22/2013, do 9 de decembro, á que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao amparo do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 23 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña