Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto do centro de descontaminación de vehículos ao final da súa vida útil no lugar de Xistos (clave 2016/0200).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 14 de xullo de 2017 relativo ao proxecto do centro de descontaminación de vehículos ao final da súa vida útil no lugar de Xistos, promovido pola empresa Autopeysa, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático