Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38864

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de xullo de 2017 pola que se autoriza a modificación da autorización do centro privado Belarmino Fernández Iglesias, de Sober.

O representante da titularidade do centro privado Belarmino Fernández Iglesias, de Sober (Lugo), solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Vitivinicultura.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o CS Vitivinicultura, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Belarmino Fernández Iglesias.

Código do centro: 27011718.

Domicilio: Pazo de Ribas, 66.

Código postal: 27466.

Localidade: Rosende (San Miguel).

Concello: Sober.

Provincia: Lugo.

Titular: Fundación Belarmino Fernández Iglesias.

Composición resultante:

• 1 ciclo formativo de grao medio (CM) Cociña e Gastronomía (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Servizos en Restauración (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Vitivinicultura (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria