Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 14 de xullo de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00171-O-2017 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador LU-00171-O-2017 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 14 de xullo de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00171-O-2017

3674-DCZ

Maderas Marcos Rodríguez

B27456441

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

10.1.2017; 7.12; NVI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

366 euros

LU-00665-O-2017

3519-JMK

Grupo Gasmedi, S.L.U.

B84745801

Utilizar paneis, placas-etiquetas, etiquetas, placas, marcas, letras, figuras ou símbolos nos que o tamaño non se axuste ao exixido.

9.3.2017;16.40; A-6; 529,0

Art. 142.7.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-00981-O-2017

5245-JGM

Rodrigo Puerto Valcarce

10083556B

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

24.4.2017; 10.00; LU-541; 0,1

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-02141-O-2016

9885-JLT

Transhemapo, S.L.

B98723109

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

19.11.2016; 12.38; AG64; 55,9

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-02143-O-2016

9885-JLT

Transhemapo, S.L.

B98723109

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

19.11.2016; 12.40; AG64; 55,9

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-02211-O-2016

3755-HVC

María Begoña Rego Mouriño

33330079C

Non levar a bordo dun vehículo arrendado o contrato de arrendamento ou copia deste, ou levalo sen cubrir.

30.11.2016; 11.25; A6; 529

Art. 142.9 LOTT Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros