Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 21 de xullo de 2017 polo que se dá publicidade aos informes de fiscalización presentados no Parlamento de Galicia o 21 de xullo de 2017.

Conforme o artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, o resultado das fiscalizacións farase constar por medio de informes, mocións ou notas dirixidas á autoridade, organismo ou entidade a que afecten e de memorias ordinarias ou extraordinarias, que se elevarán ao Parlamento de Galicia, con remisión de copias á Xunta de Galicia e mais ás indicadas autoridades, organismos e entidades afectadas, e faranse públicos a través dos medios dixitais do Consello e do Parlamento. O Diario Oficial de Galicia publicará o correspondente anuncio da publicación, no cal constará a ligazón que permita acceder ao texto completo dos informes.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido da relación de informes presentados, que se detalla como anexo a este anuncio.

Comunicar que estes informes están á disposición de calquera interesado na epígrafe correspondente da web do Consello de Contas (http://www.consellodecontas.es/es/menus-consello/fiscalizacion/informes).

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO
Documentos

Memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2016.

Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia:

PT 2017

Declaración definitiva da conta xeral da Comunidade Autónoma, exercicio 2015

PT 2017

Informe de fiscalización da conta xeral da Administración, exercicio 2015

PT 2017

Informe económico-financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2015

PT 2017

Informe de fiscalización da conta xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2015

PT 2017

Informe de fiscalización de fondos europeos, exercicio 2015

PT 2015

Informe de fiscalización sobre a contratación dos servizos de limpeza no ámbito hospitalario do Sergas, exercicio 2015

PT 2016

Informe de fiscalización selectiva da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (FPUSG-061), exercicio 2014

PT 2016

Informe de fiscalización traslado de pacientes en medios extraordinarios de transporte non urxente, exercicios 2008-2015

PT 2016

Informe sobre as contas rendidas no ano 2016 correspondentes ao exercicio 2015

PT 2015

Informe de fiscalización do Concello de Narón, exercicio 2013

PT 2015

Informe de fiscalización do Concello de Ferrol, exercicio 2013

PT 2017

Informe da conta xeral das entidades locais de Galicia, exercicio 2015

PT: Plan anual de traballo