Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de xullo de 2017 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/212/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Ángel Lage Seijo para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/212/2015-RP1, en relación coas obras consistentes na realización dunha construción de planta baixa, que se levan a cabo no lugar de Chousas, pol. 339, parcela 220, no termo municipal de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística