Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se renuncia á continuidade na licitación do lote 16 tramitado mediante o procedemento MI-EIC1-16-005, que ten por obxecto a contratación da subministración sucesiva de material de suxeición e inmobilización con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 6 de agosto de 2016 publicouse no Boletín Oficial de la Unión Europea (DOUE núm. 2016/S 151-272944), o 30 de agosto de 2016 no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 163) e o 6 de setembro de 2016 no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 215), o expediente que ten por obxecto a subministración sucesiva de material sanitario para suxeición e inmobilización con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada do Serivzo Galego de Saúde. Expediente MI-EIC1-16-005.

Segundo. Visto na Mesa de Contratación do 8 de xuño de 2017, convocada para a lectura e análise do informe técnico relativo aos criterios non avaliables de forma automática detectouse un erro no lote 16: «Vendaxe de tracción».

Terceiro. No número 11.1.1 das follas de especificacións (pertencente ao PCAO), onde se desenvolven os criterios non avaliables de forma automática, e en concreto en relación ao criterio de «Proba en uso», establécese as seguintes puntuacións para os subcriterios:

Lote 16:

– Vendaxe de tracción (ata 50 puntos).

– Confección do artigo (ata 10 puntos).

– Transpirabilidade (ata 10 puntos).

– Adaptabilidade a todo tipo de doentes (ata 10 puntos).

– Presentación en envase (ata 5 puntos).

– Facilidade de colocación (ata 10 puntos).

– Inmobilización (ata 10 puntos).

Resultando a suma total da puntuación dos criterios 55 puntos, e non 50 puntos como aparece recollido nos pregos.

Cuarto. Vista a proposta da Mesa de Contratación, tralo estudio das posibles alternativas, de non continuar co procedemento de contratación do lote 16, por razóns de legalidade e economía.

Fundamento de dereito.

1º. O exposto no artigo 210 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sobre o texto refundido da Lei de contratos do sector público, en relación coas prerrogativas que ten o órgano de contratación.

2º. O artigo 155 do TRLCSP, onde se regula a renuncia á celebración do contrato.

En virtude das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 139, do 20 de xullo),

RESOLVO:

Primeiro. Renunciar á continuidade da licitación do lote 16 do contrato de subministracións cuxo obxecto é a subministración sucesiva de material sanitario para a suxeición e inmobilización para as estruturas organizativas de xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, tramitado mediante expediente MI-EIC1-16-005.

Segundo. Publicar a presente renuncia no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, así como nos diarios oficiais correspondentes.

Terceiro. Continuar co procedemento de licitación do resto do expediente.

Contra esta resolución, poderá interpoñerse recurso especial en materia de contratación pública no prazo de quince (15) días hábiles de conformidade co disposto no artigo 40 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, ou recurso contencioso-administrativo mediante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos