Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2017/00007 e tres máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores RA/M/2017/00007 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan a súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Nº de recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia:

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución
do recurso

XC-05432-O-2014

RA/M/2017/00007

0392-FVD

Mariano Mateo Migueláñez

Condución durante máis de 6 horas sen respectar as pausas regulamentarias exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

14.8.2014; 13.49; N-634; 676,0

Artigo 140.37.4 da LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-05429-O-2014

RA/M/2017/00008

0392-FVD

Mariano Mateo Migueláñez

Exceso superior a 2 horas sobre os tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Igual ou superior a 15 horas.

14.8.2014; 12.31; N-634; 676,0

Artigo 140.37.1 da LOTT

2.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-05426-O-2014

RA/M/2017/00009

0392-FVD

Mariano Mateo Migueláñez

A diminución do descanso diario reducido superior ao 50 % (sobre 9 horas). Menos de 4 horas e 30 minutos.

14.8.2014; 13.45; N-634; 676,0

Artigo 140.37.1 da LOTT

2.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-03013-O-2014

RA/M/2017/00138

2475-DGT

Árias Logística y Transporte, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigado levar, con independencia do tipo do tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

8.9.2014; 18.20; AP-9; 137,5

Artigo 140.35 da LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta