Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de elaboración do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, do anteproxecto para a reforma e ampliación do Hospital de Montecelo (Pontevedra), e da redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa da fase I da obra de construción do Gran Montecelo (expediente RB-SER3-17-010).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

iv) Teléfonos: 881 54 18 38/881 54 27 73 (cuestións administrativas) e 881 54 27 74/ 881 54 03 05 (cuestións técnicas).

v) Telefax: 881 54 27 62/881 54 86 11.

vi) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

vii) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 12.9.2017.

d) Número do expediente: RB-SER3-17-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de elaboración do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, do anteproxecto para a reforma e ampliación do Hospital de Montecelo (Pontevedra), e da redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa da fase I da obra de construción do Gran Montecelo.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de entrega:

i) Enderezo: véxanse os pregos. Rexistro da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

ii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

e) Prazo de execución: 4 meses e 15 días na fase I e 3 meses e 30 días na fase II. Ver a cláusula 1.3 do prego de prescricións técnicas (en adiante PPT).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 71.22.10.00, 71.24.00.00, 71.24.30.00.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en adiante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 2.014.038,19 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.038.831,58 € IVA (%) 21 %. Importe total: 1.256.986,21 €. Ver a cláusula 3.1 do PCAP.

6. Garantías exixidas:

Provisional non se exixe.

Definitiva (%) 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, e ademais adscrición de medios: ver as cláusulas 6.6.3.e), f) e 2.1.1.d) do PCAP.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o día 12.9.2017.

b) Modalidade de presentación: ver a cláusula 5 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (o horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura de ofertas.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobres B e C en actos públicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver a cláusula 3.3 do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 7.8.2017.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos