Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases do proceso de selección de dúas prazas de policía local.

Acordo de Xunta de Goberno Local do 4 de maio de 2017 do Concello de Arteixo (A Coruña), referente á convocatoria e bases para a provisión de dúas prazas de policía local, e Acordo do 21 de xuño de 2017, referente á modificación das anteditas bases.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 104, do 5 de xuño de 2017, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección, por procedemento de oposición libre, para cobertura en propiedade de dúas prazas vacantes do posto de policía local, grupo C1, persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público do exercicio 2014 e anteriores.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 126, do 5 de xullo de 2017, publicáronse modificacións das bases reguladoras.

As instancias solicitando tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 5 de xullo de 2017

O alcalde presidente
P.D. (Decreto 1336/2015)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Réxime Interior