Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2017 Páx. 38459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de material de punción con dispositivo de seguridade con destino ás estruturas de xestión integrada (expediente MI-SER1-17-019).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 28.8.2017.

d) Número de expediente: MI-SER1-17-019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de material de punción con dispositivo de seguridade con destino ás estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/14.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 33141320-9, 33141310-6, 33141200-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Calidade técnica do produto e do dispositivo de seguridade

0-21

Proba do produto

0-24

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-50

Loxística e servizo

0-5

4. Valor estimado do contrato: 19.548.004,86 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 6.516.001,62 euros. Importe total: 7.837.688,47 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 y 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28.8.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: seis meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, ver número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19.7.2017.

12. Outras informacións: si, ver número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos