Mediante a Resolución do 3 de maio de 2017 (DOG núm. 89, do 10 de maio) fíxose pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).
Mediante a Orde do 19 de xullo de 2017 (DOG núm. 142, do 27 de xullo) a Consellería de Facenda acordou excluír do dito proceso selectivo unha persoa aspirante, por ter sido nomeada funcionaria de carreira dese mesmo corpo pola Orde do 11 de xullo de 2017 (DOG núm. 136, do 18 de xullo).
Ao abeiro do establecido na base III.12 da orde de convocatoria, solicitouse ao tribunal unha relación complementaria de persoas aspirantes aprobadas, para o seu posible nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Unha vez recibida a dita proposta do tribunal, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) a aspirante que se relaciona no anexo.
Segundo. Abrir o prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para que a aspirante presente a documentación exixida na base IV.2 da convocatoria.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
NIF |
Apelidos e nome |
1º ex. |
2º ex. |
3º ex. |
4º ex |
Total |
76825602J |
Meijome Ulloa, Margarita |
13,57 |
10,00 |
14,53 |
Exenta |
38,10 |