Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37884

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de xullo de 2017 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 10 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 22 de maio, corrección de erros DOG do 29 de maio) convocouse o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Logo de realizada a valoración inicial pola comisión de selección, publicouse no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o baremo provisional dos méritos e a relación provisional de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Logo de revisadas as reclamacións presentadas, con base no disposto polo artigo 7 da citada convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, as persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2017, en réxime de comisión de servizos por un período de un ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Arroyo Sánchez, Pedro José

33832777F

1. Coordinador/a de Escolarización da Poboación Marxinada

García Turnes, Sabela

44808484E

2. Secretaría Xeral para o Deporte

Pía Castiñeira, Pablo Antonio

76411378L

2. Secretaría Xeral para o Deporte

Díaz Núñez, Antonio Rodrigo

32639502H

6. Procesos de Produción Agraria-CIFP Santiago

Doce Caruncho, Juan Carlos

32673186F

6. Procesos de Produción Agraria-CIFP Santiago

Rial Budiño, José Manuel

33253315F

6. Procesos de Produción Agraria-CIFP Santiago

Engroba Sal, Marina

33861767V

6. Operacións de Produción Agraria-CIFP Santiago

Cerviño Varela, José María

35313686S

7. Asesor/a Abalar de Zona. Pontevedra

Franco Arias, Jesús Emilio

33305932T

7. Asesor/a Abalar de Zona. Ortigueira

García Gómez, Manuel Ángel

52434420D

7. Asesor/a Abalar de Zona. Carballo

Gil Sánchez, Ramón Luis

32767084L

7. Asesor/a Abalar de Zona. Betanzos

González Quintana, Alejandro

01107281S

7. Asesor/a Abalar de Zona. Ourense

Martínez Rama, Óscar

76813247D

7. Asesor/a Abalar de Zona. A Pobra

Medina Méndez, Ana María

36127242S

7. Asesor/a Abalar de Zona. Lugo

Santos Pérez, Patricia

32834107C

7. Asesor/a Abalar de Zona. A Coruña

Pereira Lemos, Olalla

53167565Y

8. Asesor/a Abalar Xade

Méndez Cancio, Javier

33309382T

9. Asesor/a Abalar Soporte Usuarios

Mourón Regueira, José Enrique

79314057Y

10. Asesor/a Abalar Sistemas Educación

Figueroa Rodríguez, M. Antonio

76993904R

11. Asesor/a Abalar Estatísticas Educativas

Agruña López, Margarita

33310898K

12. Atención Hospitalaria-Lugo

Nieto Molares, María del Mar

36075705K

12. Atención Hospitalaria-Vigo