De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, da seguinte actuación:
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: gasto menor.
2. Obxecto do contrato:
Título: redacción do proxecto de mellora do bombeo e colector de Cabanelas. Cambados (Pontevedra).
Clave do expediente: GA.16068.
CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.
Orzamento base. Importe neto: 17.992,80 euros. Importe total: 21.771,29 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Importe da oferta. Importe neto: 12.800,00 euros. Importe total: 15.488,00 euros.
Empresa: Egis Eyser, S.A.
3. Cofinanciamento da Unión Europea:
A actuación referida no punto 2 está confinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2. «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga», actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia