Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2017 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, da subministración de catorce (14) vehículos, dous lotes, destinados á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia (expediente 9/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de catorce (14) vehículos destinados á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

c) División por lotes e número: si.

Lote nº 1: catro (4) vehículos tipo todoterreo/todocamiño (SUV)

Lote nº 2: dez (10) vehículos tipo turismo.

d) Prazo de execución/entrega: os vehículos deberán entregarse dentro dos 60 días seguintes á data de sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 34113000-2 (lote 1) e 34111200-0 (lote 2).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 157.870,00 €; IVE (21 %): 33.152,70 €. Importe total: 191.022,70 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 157.870,00 €

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: lote 1: 3.006,00 € e lote 2: 4.887,50 €.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46 e 981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 40 70 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=183325

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: no orzamento de licitación está incluído o valor dos vehículos que entregue a Administración.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar