Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento do contrato de servizo de valoración do impacto ambiental dos sistemas de depuración de augas residuais urbanas de Cullergondo. Proxecto Life+Política e Gobernanza Ambientais, solucións sustentables para pequenos abastecementos de auga, denominado Life Rural Supplies (clave GA.17018).

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, da seguinte actuación:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2) Obxecto do contrato:

Título: servizo de valoración do impacto ambiental dos sistemas de depuración de augas residuais urbanas de Cullergondo. Abegondo (A Coruña).

Clave do expediente: GA.17018.

CPV (referencia de nomenclatura): 71356000-8.

Orzamento base. Importe neto: 2.722,72 euros. Importe total: 3.294,49 euros.

Prazo de execución: dos (2) meses.

Importe da oferta. Importe neto: 2.595,00 euros. Importe total: 3.139,95 euros.

Empresa: Avanza-Lab Inspección y Control, S.L.U.

3) Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) cofinanciarase coa contribución do instrumento financeiro LIFE da Unión Europea, que poderá alcanzar ata a porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos LIFE + Política e Gobernanza Ambientais, que teñen por finalidade o cofinanciamento de accións e proxectos que contribúen ao desenvolvemento de conceptos políticos, tecnoloxías, métodos e instrumentos innovadores, dentro do proxecto aprobado LIFE12/ENV/ES/000557, Solucións sustentables para pequenos abastecementos de auga (Life Rural Supplies), no eido da acción C.1: «Plan de seguimento para a medición do impacto do proxecto sobre os problemas ambientais abordados». Nos proxectos LIFE + Política e Gobernanza Ambientais aprobados para o seu cofinanciamento comunitario o 7 de agosto de 2013, o beneficiario coordinador é o Concello de Abegondo e os participantes como socios beneficiarios Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia