Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37002

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO sentenza divorcio contencioso (14/2017).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

Betanzos, 12 de xullo de 2017.

Vistos por Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo de divorcio, seguidos co número 14/2017, por instancia de Nerea Barreiro Vilachán, maior de idade, representada pola procuradora Sra. Amor Vilariño e baixo a dirección da letrada da Sra. Monteagudo López, contra Félix Antonio Loyola Abrodos, maior de idade, o cal non compareceu malia a súa citación en legal forma.

Ditouse a presente resolución en nome do rei.

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Nerea María Barreiro Vilachán fronte a Félix Antonio Loyola Abrodos, declarando disolto o matrimonio existente entre as partes por divorcio, con todos os pronunciamentos a iso inherentes coa adopción das medidas seguintes:

Acórdase a disolución da sociedade de gananciais.

Atribución da garda e custodia da filla menor de ambos os dous á nai, exercendo ambos os dous proxenitores a patria potestade.

Non se fixa réxime de visitas a favor do pai.

O pai aboará a cantidade de 200 euros mensuais como pensión de alimentos a favor da súa filla Lía. A devandita cantidade aboarase dentro dos cinco primeiros días do mes na conta corrente ou libreta de aforros que designe a nai para o efecto e revalorizarase en xaneiro de cada ano conforme ao IPC que publique o INE ou organismo que legalmente o substitúa.

Ambos os dous pais ao 50 % os gastos extraordinarios que en atención á súa filla se produzan. Consideraranse extraordinarios os gastos médicos non cubertos pola seguridade social, matrículas universitarias e libros de texto que han de adquirir en setembro de cada ano para o inicio da actividade académica, as actividades extraescolares e os campamentos de verán que previamente ambos os dous pais acorden, logo de xustificación e consulta coa outra parte.

Non facer especial pronunciamento en materia de custas.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño desta ao encargado do Rexistro Civil competente.

Notifíquese a presente ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, sendo necesario que para iso se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro».

Así o acordo mando e asino, Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e os do seu partido xudicial. Carmen López Moure. Asinado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Félix Antonio Loyola Abrodos, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 12 de xullo de 2017

O letrado da Administración de xustiza