Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36993

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 959/2017-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 959/2017 PM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 410/2016 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrentes: Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61

Avogada: María Araceli Martínez Araújo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos do Alba, S.L., Balbino Ramírez González

Avogados: Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, Patricia Mariño Rodríguez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 959/2017 desta sección, seguidos por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61 contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos do Alba, S.L., Balbino Ramírez González, sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que con estimación do recurso que foi interposto pola Mutua Fremap revogamos a sentenza que con data 10 de xaneiro de 2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, e acollendo a demanda declaramos que a responsabilidade do aboamento da prestación de incapacidade permanente total, derivada de enfermidade profesional, recoñecida a Balbino Ramírez González, se distribúe nun oitenta e dous con sesenta e cinco por cento (82,65%) ao Instituto Nacional da Seguridade Social e un dezasete con trinta e cinco por cento (17,35%) á Mutua Fremap, e condenamos as partes a se ater a esta declaración e asumir as súas responsabilidades na proporción anterior.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Granitos do Alba, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza