Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36991

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de persoal diplomado sanitario.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, mediante a Resolución do 3 de maio de 2017, publicada no DOG do 31 de maio de 2017; á vista da solicitude e méritos acreditados pola aspirante, este xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicarlle o posto á solicitante que se indica no anexo desta resolución.

A adxudicataria deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de procedemento administrativo común das administgracións públicas (Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Ourense, 13 de xullo de 2017

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto de traballo: coordinadora de Servizo de Atención Primaria (SAP) A Ponte-Tarde, de Ourense.

Adxudicataria: Gloria Fernández Figueiral, DNI: *****691G.