Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, do Concello de Pontevedra.

Unha vez informada favorablemente a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, Concello de Pontevedra, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar a data do 12 de setembro de 2017, ás 10.00 horas, para o comezo das operacións de apeo, que comezarán no lugar da Esculca (marquesina).

Emprázase aos lindeiros e ás persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer, para presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no local da Comunidade de Montes de Salcedo, lugar da Igrexa, número 42, Salcedo, Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 12 de xullo de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra