Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre modificacións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e da Orde da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Agra López, SAT nº 1119 XUGA, na asemblea xeral do 17 de abril de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: María Agra Sánchez, presidenta; Faustino López Díaz, secretario; José Agra Sánchez, Milagros Nieto García e María Ángeles Regueiro González, vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Menor, SAT nº 1017 XUGA, na asemblea xeral do 18 de abril de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Javier Vázquez García, presidente; Jesusa García García, secretaria; José Vázquez Quintela e Manuela Seijo Villar, vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Santa María de Loxo, SAT nº 1153 XUGA, na asemblea xeral do 17 de abril de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Antonio Taboada Pacheco, presidente; Ricardo Ares Louzao, secretario; José Manuel Suárez González, Mercedes Placeres Iglesias Rendo, María Soledad Méndez Pacheco e María Begoña Souto Curros, vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Ramos Alvite, SAT nº 1257 XUGA, na asemblea xeral do 3 de maio de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Dolores Alvite París, presidenta; Secundino Ramos Freita, secretario; Marcos Ramos Alvite e Tania Ramos Alvite, vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Pedreira, SAT nº 1224 XUGA, na asemblea xeral do 2 de maio de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Mª Dolores Pedreira Dono, presidenta; Roberto Carlos Pedreira García, secretario; Juan Antonio Garabato Pedreira, vogal.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Marcelín SAT nº 1088 XUGA, na asemblea xeral do 30 de abril de 2017, acordou:

1. Aprobar a baixa da socia Mª Pilar Lorenzo Lorenzo e a transmisión da súa participación no capital social ao pretendido novo socio Alejandro Pérez Lorenzo.

2. Aprobar a incorporación como socio de Alejandro Pérez Lorenzo.

Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social, 35.100 euros, queda distribuído entre os socios a razón de 195 títulos, 11.700,00 euros cada un deles.

3. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Joaquín Pérez Vieito, presidente; José Pérez Vieito, secretario; Alejandro Pérez Lorenzo, vogal.

g) A Sociedade Agraria de Transformación A Veiga da Lama, SAT nº 1087 XUGA, na asemblea xeral do 28 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos, que foron elevados a público:

1. Facer unha ampliación de capital social solidaria de 8,5 euros. Con este incremento, o capital social ascende á cantidade de 234.405,00 euros.

2. Modificar o valor unitario do xustificante de participación no capital social, que queda fixado en 1,00 euro.

3. Aprobar a baixa dos socios Ana Campos Vilariño e Isaac Val Negrelos e a transmisión da súa participación no capital social, mediante escritura de mellora aos socios María del Carmen Val Campos e José Luis Val Campos, 31.254 € e 62.508 €, respectivamente.

4. Aprobar a transmisión, mediante escritura de achega a sociedade conxugal, de 31.254 euros de participación no capital social de José Luis Val Campos a María del Carmen Rubiños Valiña.

Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios a razón de 78.135 títulos, 78.135,00 euros cada un deles.

5. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado:

«O capital social cífrase en 234.405 euros e estará representado por 234.405 xustificantes nominativos de 1 euro cada un deles.

Os xustificantes autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, onde figuran os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos xustificantes como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de Rexistro de Socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

6. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se vaian desenvolver, e estende a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por tres membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos, e poderán ser reelixidos.

Os cargos que se van desempeñar na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, e elixirase por separado presidente e secretario.

A renovación farase por metade cada dous anos e renovarase na primeira metade o presidente cos últimos dos vogais, e na segunda o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

7. Modificar os cargos da Xunta Rectora, que pasa a estar conformada por: María del Carmen Val Campos, presidenta; José Luis Val Campos, secretario; María del Carmen Rubiños Valiña, vogal.

h) A Sociedade Agraria de Transformación O Louro, SAT nº 1212 XUGA, na asemblea xeral do 23 de maio de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Antonio Oreste Folgueira, presidente; Mª del Carmen Otero Folgueira, secretaria; Mª Sonia Fernández Ónega, vogal.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Vilasar, SAT nº 1227 XUGA, na asemblea xeral do 17 de abril de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Soledad Agra Fernández, presidenta; Antonio Villar Botana, secretario; Julio Varela Varela e José Curros Villar, vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Doroña, SAT nº 1094 XUGA, na asemblea xeral do 26 de maio de 2017, acordou:

1. Aprobar a baixa das socias María Sagrario Parrado, María Pilar Munín Otero e María do Carmen Conde Fernández e a transmisión das súas participacións no capital social aos socios Jesús Villar Mato, José Ramón Varela Carreira e Ricardo Conde Conde, respectivamente.

Como consecuencia do anterior, o capital social, 370.560,00 euros, queda distribuído entre os socios a razón de 64 títulos, 123.520,00 euros cada un deles.

2. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, e correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, e estende a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por tres membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de seis anos, e poderán ser reelixidos.

Os cargos que se van desempeñar na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e vogal. A súa elección efectuarase por votación secreta. Ao vogal asignaráselle a función de tesoureiro.

3. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar conformada por: Jesús Villar Mato, presidente; José Ramón Varela Carreira, secretario; Ricardo Conde Conde, vogal.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería O Salgueiro, SAT nº 1244 XUGA, na asemblea xeral do 26 de maio de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar conformada por: Álvaro Alexis Pena Varela, presidente; Jesús Pena Juncal, secretario; Avelina Varela Varela, vogal.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Os Carrís, SAT nº 1253 XUGA, na asemblea xeral do 3 de abril de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora conformada por: Antonio Villar García, presidente; José Corredoira Busto, secretario; Claudio García Sánchez, Mª Ángela Alicia Río Ramos, Concepción Romero Santos e José Manuel Seijas Río, vogais.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Láctear SAT nº 1432 XUGA, na asemblea xeral do 6 de xuño de 2017, acordou:

1. Modificar o capital social, no relativo ao número total de xustificantes nominativos e o valor unitario destes, que pasa a estar representado por 20 xustificantes nominativos de 100 euros cada un deles. A cada socio correspóndenlle 5 títulos.

2. Aprobar a baixa do socio Manuel Ramos Garea e a transmisión da súa participación no capital social aos socios restantes do seguinte xeito: 1 título a Xosé Luis Fernández Segade, 2 títulos a María Pilar Castro Vallo e 2 títulos a Jesús Gabriel Pereira Mato.

3. Ampliar o capital social nun importe de 100 euros, 1 título, que achega Xosé Luis Fernández Segade.

4. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado:

«O capital social cífrase en 2.100 euros e estará representado por 21 títulos nominativos de 100 euro cada un deles.

Os títulos autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, onde figuran os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de Rexistro de Socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

Como consecuencia dos acordos anteriores, o capital social, 2.100,00 euros, queda distribuído entre os socios a razón de 7 títulos, 700,00 euros cada un deles.

5. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se vaian desenvolver, e estende a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por tres membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos, e poderán ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes vogais. A súa elección efectuarase de entre os socios, pola asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e secretario».

6. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar conformada por: Xosé Luis Fernández Segade, presidente; María Pilar Castro Vallo, secretaria; Jesús Gabriel Pereira Mato, vogal.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Río Mera, SAT nº 998 XUGA, na asemblea xeral do 9 de xuño de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Benigno José Arias Sánchez, presidente; Ana López Sanjurjo, secretaria; Elsa Felicidad Fernández Castro, vogal.

o) A Sociedade Agraria de Transformación Adega O Casal, SAT nº 1098 XUGA, na asemblea xeral do 10 de xuño de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora conformada por: Antonio Fernández Lorenzo, presidente; José Luis García Pando, secretario; Luis Arias Núñez, María del Carmen López Labrador e Miguel Ángel Rodríguez Tato, vogais.

p) A Sociedade Agraria de Transformación Perilla SAT nº 1031 XUGA, na asemblea xeral do 12 de maio de 2017, acordou:

1. Aprobar a baixa da socia Efigenia Vilariño Pazos e a transmisión da súa participación no capital social á pretendida nova socia Carla Antelo Pereira.

2. Aprobar a incorporación como socia de Carla Antelo Pereira.

3. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar conformada por: Manuel Antelo Vilariño, presidente; Mª Elena Pereira Cruz, secretaria; Carla Antelo Pereira, vogal.

q) A Sociedade Agraria de Transformación O Chope SAT nº 1351 XUGA, nas asembleas xerais do 19 de abril de 2017 e 3 de xuño de 2017, acordou:

1. Autorizar as transmisións dos títulos de participación no capital social de Manuel Iglesias Fernández a José Ramón Iglesias Canda, de Jesusa Canda Pereira a Manuel Iglesias Canda e de José Ramón García Carreira a Visitación Isabel Iglesias Valladares.

2. Dar de baixa como socios a Manuel Iglesias Fernández, Jesusa Canda Pereira e José Ramón García Carreira.

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se vaian desenvolver, e estende a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por catro membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos, e poderán ser reelixidos.

Os cargos que se van desempeñar na Xunta Reitora serán o de presidente, secretario e dous vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, e elixirase por separado presidente e secretario.

A renovación realizarase cada dous anos e renovarase na primeira metade o presidente e o primeiro vogal e na segunda, o secretario e o segundo vogal».

4. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar conformada por: José Ramón Iglesias Canda, presidente; Manuel Iglesias Canda, secretario; Visitación Isabel Iglesias Valladares, vogal.

r) A Sociedade Agraria de Transformación Cotelo, SAT nº 1060 XUGA, na asemblea xeral do 2 de xuño de 2017, acordou:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar conformada por: Carlos Manuel Cotelo Esmorís, presidente; Óscar Cotelo Esmorís, secretario; José Manuel Cotelo Esmorís, vogal.

s) A Sociedade Agraria de Transformación Alborés Mazaricos SAT nº 4261, nas asembleas xerais do 28 de abril de 2017 e 18 de maio de 2017, acordou:

1. Autorizar a baixa das socias Dolores Barcia Vilarnovo e María Benilde García Alvite e a transmisión dos seus títulos de participación no capital social, respectivamente, ás novas pretendidas socias Irene Alvite Souto e Tania Alvite Souto.

2. Aprobar a incorporación como socias de Irene Alvite Souto e Tania Alvite Souto.

3. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar conformada por: José Luis Alvite Barcia, presidente; María Adriana Souto Suárez, secretaria; Irene Alvite Souto e Tania Alvite Souto, vogais.

t) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Tañoi SAT nº 1158 XUGA, na asemblea xeral do 31 de maio de 2017, acordou:

1. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é un órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspóndelle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, ampliando a súa competencia en cuestións en que non estea atribuída á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por catro membros, os cales terán a condición de socios elixidos para un período de catro anos, e poderán ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñen na Xunta Reitora serán os de presidente, secretario e o resto dos compoñentes vogais. A súa elección efectuarase de entre os socios, por asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario.

A renovación farase por metades cada dous anos, renovarase na primeira metade o presidente cos últimos vogais e na segunda, o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

2. Renovar os cargos da Xunta Reitora conformada por: Matías Jesús Sánchez Rodríguez, presidente; Dosinda Suárez Ponte, secretaria; Manuel Luis Novoa Suárez e María Pilar Rodríguez Mira, vogais.

u) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Requián, SAT nº 1431 XUGA, na asemblea xeral do 20 de maio de 2017, acordou:

1. Facer unha ampliación de capital social de 134.175,00 euros, de xeito solidario, a razón de 44.725,00 euros por socio.

2. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado:

«O capital social cífrase en 164.175,00 euros e estará representado por 164.175 títulos nominativos de 1 euro cada un deles.

Os títulos autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, onde figuran os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de Rexistro de Socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

v) A Sociedade Agraria de Transformación Crisanto, SAT nº 1306 XUGA, na asemblea xeral do 23 de maio de 2017, acordou:

1. Modificar o valor unitario do título nominativo de participación no capital social, que pasa a ser de 1,00 euro.

2. Facer unha ampliación de capital social de 6.450,00 euros subscrita polos socios José Ramón Cuba Alonso, María Cuba Alonso e Rocío Cuba Alonso, a razón de 2.150,00 euros cada un deles.

3. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase na cantidade de 262.302,00 € e está representado por 262.302 títulos nominativos de 1,00 euro cada un deles. Repartirase do seguinte xeito: para Crisanto Cuba Cendán, 85.284 títulos nominativos de carácter privativo. Para María Dolores Alonso Cortiñas, 85.284 títulos nominativos de carácter privativo. Para cada un dos irmáns José Ramón, Rocío e María Cuba Alonso, 30.578,00 títulos nominativos de carácter privativo».

w) A Sociedade Agraria de Transformación Candesa, SAT nº 1417 XUGA, na asemblea xeral do 29 de xuño de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora composta por: Manuel Caneda Raviña, presidente; Estefan Manuel Senande Fandiño, secretario; Nieves Fandiño Mareque, vogal.

B) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Carballos Altos, SAT nº 951 XUGA, na asemblea xeral do 10 de abril de 2017, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar o balance final e a transformación da SAT en Gandería Os Carballizos, S.L.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Río Mente, SAT nº 1203 XUGA, na asemblea xeral do 13 de xuño de 2017, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar o balance final e a transformación da SAT en Agrocaleiro, S.L.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias