Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36978

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

Por medio do Decreto 60/2017, do 22 de xuño, realizouse unha reorganización de centros docentes de determinadas localidades.

A disposición adicional única do citado decreto establece que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determinará as necesidades e a situación do profesorado dos centros afectados por este decreto, en aplicación do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el, e demais normativa de aplicación.

Resulta necesario, pois, regular o proceso de adscrición do persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e mestres afectados polo decreto.

A disposición derradeira primeira do Decreto 60/2017 habilita a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que procedan no desenvolvemento e execución deste.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

ACORDA:

Primeiro. Concello de Outes

a) O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes, con código de centro 15033101, resultante da fusión dos colexios de educación infantil e primaria Emilio Navasqüés e Plurilingüe Serra de Outes, terá os postos de traballo que se relacionan no anexo I esta orde.

b) O persoal docente do corpo de mestres que teña destino definitivo para o curso académico 2017/18 no CEIP Emilio Navasqüés ou no CEIP Plurilingüe Serra de Outes adscribirase con carácter definitivo no novo centro, nun número por especialidade igual ao que se publica como anexo I desta orde.

Segundo. Concello das Pontes de García Rodríguez

a) No Colexio de Educación Infantil e Primaria A Magdalena increméntanse os postos de traballo que se relacionan no anexo II desta orde.

b) O persoal docente do corpo de mestres que teña destino definitivo para o curso académico 2017/18 en prazas de educación infantil e primaria do Centro Público Integrado Monte Caxado das Pontes de García Rodríguez adscribirase con carácter definitivo no Centro de Educación Infantil e Primaria A Magdalena nun número por especialidade igual ao que se publica como anexo II desta orde.

c) No Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce das Pontes de García Rodríguez increméntanse as prazas que se relacionan no anexo III da presente orde e ofértanse, ademais, as vacantes que se relacionan no anexo IV.

d) O persoal docente do corpo de mestres e dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario que teña destino definitivo para o curso académico 2017/18 en prazas de educación secundaria do Centro Público Integrado Monte Caxado das Pontes de García Rodríguez adscribirase con carácter definitivo no Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce nun número por especialidade igual ao que se publica como anexo III e IV desta orde.

Terceiro. Concello de Ribadavia

a) No Instituto de Educación Secundaria O Ribeiro de Ribadavia increméntanse as prazas que se relacionan no anexo V da presente orde.

b) O persoal docente do corpo de mestres e dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario que teña destino definitivo para o curso académico 2017/18 en prazas de educación secundaria do Centro Público Integrado Plurilingüe Tomás de Lemos de Ribadavia adscribirase con carácter definitivo no Instituto de Educación Secundaria O Ribeiro da mesma localidade nun número por especialidade igual ao que se publica como anexo V desta orde

Cuarto. Concello do Porriño

a) No Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro do Porriño increméntanse as prazas que se relacionan no anexo VI da presente orde.

b) O persoal docente do corpo de mestres e dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario que teña destino definitivo para o curso académico 2017/18 en prazas de educación secundaria do Centro Público Integrado da Ribeira do Porriño adscribirase con carácter definitivo no Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro da mesma localidade nun número por especialidade igual ao que se publica como anexo VI desta orde.

Quinto. Criterios de adscrición

1. A prioridade do persoal docente para adscribirse con carácter definitivo no centro receptor das ensinanzas ou para quedar suprimido ou desprazado por falta de horario virá determinada pola especialidade da praza de que é titular e, en segundo lugar, pola aplicación dos criterios establecidos no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polo persoal funcionario docente que presta servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el. Para estes efectos, terase en conta que un catedrático soamente terá prioridade cando no centro receptor de ensinanzas non haxa catedrático ou catedrática da especialidade.

2. O persoal funcionario docente non poderá optar por quedar suprimido ou desprazado por falta de horario se quedan prazas da súa especialidade sen cubrir no centro receptor de ensinanzas.

Sexto. Adscrición noutra especialidade da cal se é titular

O persoal docente que non poida quedar adscrito definitivamente no centro receptor das ensinanzas pola súa especialidade de destino poderá, voluntariamente, adscribirse a prazas doutra especialidade da cal sexa titular nas que haxa vacantes.

Sétimo. Opción do profesorado non adscrito

O persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario que non poida quedar adscrito definitivamente deberá optar por quedar suprimido ou con destino definitivo no centro receptor das ensinanzas. Neste último suposto, este persoal funcionario docente quedará desprazado por falta de horario e deberá participar obrigatoriamente, cando sexa o caso, na adxudicación provisional de destinos e nos concursos de traslados ata a obtención dun novo destino.

Oitavo. Posibilidade de supresión no centro receptor das ensinanzas

Sen prexuízo do disposto nos puntos sexto e sétimo, poderá quedar adscrito definitivamente ao Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce, ao Instituto de Educación Secundaria O Ribeiro de Ribadavia ou ao Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro do Porriño o persoal docente con destino definitivo no Centro Público Integrado Monte Caxado, no Centro Público Integrado Tomás de Lemos de Ribadavia e no Centro Público Integrado da Ribeira do Porriño, respectivamente, que non poida inicialmente adscribirse en virtude das prazas relacionadas nos anexos III e IV, V e VI, se un profesor ou profesora da súa especialidade con destino definitivo no IES Mocho Valcarce, no IES O Ribeiro ou no IES Ribeira do Louro, opta pola supresión ou polo desprazamento por falta de horario.

Noveno. Procedemento de adscrición

O persoal docente formulará a súa solicitude de integrarse con destino definitivo no centro receptor de ensinanzas ou de pasar á situación de suprimido ou desprazado por falta de horario nunha reunión convocada pola dirección do centro do que se trasladan as ensinanzas ou, se for o caso, do receptor das ensinanzas, facendo constar a opción de cada unha das funcionarias e funcionarios docentes e remitiraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e unha copia á xefatura territorial correspondente.

Décimo. Efectividade da adscrición do profesorado

Esta adscrición terá efectividade do 1 de setembro de 2017. Sen prexuízo do anterior, realizarán no centro de procedencia as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso académico 2017/18.

Décimo primeiro. Cómputo da antigüidade

O persoal funcionario docente que como consecuencia do Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades, se adscriba con carácter definitivo no novo Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes, ou no Colexio de Educación Infantil e Primaria A Magdalena, ou nos centros receptores de ensinanzas, manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.

O persoal que quede suprimido ou desprazado por falta de horario, cando obteña un novo destino definitivo, tamén manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe, á cal se engadirá o tempo transcorrido como suprimido ou desprazado.

Décimo segundo. Publicación dos destinos no DOG

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia os destinos do persoal docente que os obteña con carácter definitivo.

Décimo terceiro. Cesamento dos equipos directivos

As direccións e restantes membros dos equipos directivos dos centros públicos integrados de Monte Caxado, Tomás de Lemos e da Ribeira cesarán con efectividade do 31 de agosto de 2017.

Décimo cuarto. Traslado de material

Se é o caso, as xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adoptarán as medidas oportunas en relación cos traslados de material que sexa necesario efectuar.

Disposición adicional única. Profesorado do corpo de mestres dos centros públicos integrados que se transforman en colexios de educación infantil e primaria

O profesorado do corpo de mestres con destino definitivo en 1 de setembro de 2017 nos centros públicos integrados que se transforman en colexios de educación infantil e primaria, por especialidades correspondentes á impartición das ensinanzas de educación infantil e primaria, quedan adscritos definitivamente ao novo centro de educación infantil e primaria e manteñen, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

597 031 Educación infantil:

8

597 032 Lingua estranxeira: Inglés:

2

597 033 Lingua estranxeira: Francés:

1

597 034 Educación Física

2

597 035 Música

1

597 036 Pedagoxía Terapéutica:

1

597 037 Audición e Linguaxe:

1

597 038 Educación primaria:

11

597 039 Orientación:

1

ANEXO II

597 031 Educación infantil:

4

597 032 Lingua estranxeira: Inglés

1

597 034 Educación Física:

1

597 037 Audición e Linguaxe:

1

597 038 Educación primaria:

6

597 039 Orientación

1

ANEXO III

590004 Lingua Castelá e Literatura

1

590005 Xeografía e Historia

1

590008 Bioloxía e Xeoloxía

1

590009 Debuxo

1

590010 Francés

1

590011 Inglés

1

ANEXO IV

590018 Orientación Educativa

1

ANEXO V

597022 Ciencias da Natureza

1

597025 Inglés

1

597028 Música

1

597060 Pedagoxía Terapéutica

1

597067 Lingua Galega e Literatura

1

590004 Lingua Castelá e Literatura

1

590006 Matemáticas

2

590005 Xeografía e Historia

1

590007 Física e Química

1

590008 Bioloxía e Xeoloxía

1

590010 Francés

1

590019 Tecnoloxía

1

ANEXO VI

597021 Ciencias Sociais: Xeografía e Historia

1

590004 Lingua Castelá e Literatura

1

590011 Inglés

1

590017 Educación Física

1

590019 Tecnoloxía

1

590053 Lingua Galega e Literatura

1