Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36682

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 819/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 819/2015 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Iglesias Loureiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Gestión Integral Turística Félix Álvarez, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, sobre accidente, o 16.5.2017 a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de José Antonio Iglesias Loureiro, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 9 de xuño de 2016, no recurso de suplicación número 819/2015, interposto por José Antonio Iglesias Loureiro, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, do 21 de novembro de 2014, no procedemento número 81/2014 seguido por instancia de José Antonio Iglesias Loureiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Gestión Integral Turística Félix Álvarez, S.L. e Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, sobre determinación de continxencia.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Integral Turística Félix Álvarez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza